Slide toggle

Welcome to Zass

Zass is a powerfull WordPress / Woocommerce theme with a modern, pixel perfect design suitable for handmade artisans, craft businesses and portfolio websites.

This is a custom, collapsible widget area. Use it like any other sidebar and easily place any number of widgets here.

Have a Question?

Monday - Friday: 09:00 - 18:30 409 Mladost District, Sofia Bulgaria +359 2 123 456 +359 2 654 321 shop@zass.con

Cova da Xabreira

é para ti se…

Cando organizas unha escapada por Galicia cos teus amigos, parella ou familia buscas un chisquiño máis.

Interésache coñecer o teu destino coma se foses do sitio e non un turista.

Sentes algo especial pola natureza e patrimonio.

Buscas experiencias e produtos respetuosos coas orixes e tradición.

Atopa…

en Seadur un lugar onde sentir a forma tradicional de vida e ser parte da aldea.
Na Cova da Xabreira unha adega en Valdeorras onde:

Volve…

ás orixes, á aldea, aos SABORES.

Abre…

os teus sentidos ás nosas #experienciascoveiras

Coveiro/coveira:

Dícese daquel ou aquela que unha vez descobre As Covas de Seadur desexa repetir a experiencia.

 

Coveirismo:

Actitude AAA! Amigable, Aberta e Alegre #ante a vida de todo coveiro e coveira de ben.

 

Coveirear:

Acción daquela persoa que goza nunha Cova de bo viño, boa comida e boa compañía.

Se crees que este estilo de vida encaixa contigo continúa lendo, porque temos moitas ganas de que veñas a coveirear a Cova da Xabreira.

Valdeorras é unha comarca cunha cultura vitícola propia. O arraigo á viña, á elaboración de viños e ao goce en covas e adegas foron pasando de xeración en xeración. As adegas foron, e son, lugares de lecer e reunión entre amigos e familiares. Todo un estilo de vida.

A orixe desta cultura do viño vén dos romanos. A riqueza de minerais da zona e a orografía propiciou a romanización e o asentamento de aureadores que extraían ouro do Sil.

Todo iso motivou ser a primeira zona onde se cultivou a vide en Galicia

Viños Cova da Xabreira D.O. Valdeorras

Valdeorras é unha terra fértil, berce do Godello e do Mencía. Xa os romanos elixiron Seadur pola súa riqueza, clima e localización para asentarse, comezando a plantar vides e elaborar viño.
O amor polo noso pasado, aldea e viñas fai que os viños que elaboramos leven un anaco desta alma coveira. Así que te animamos a probar os nosos ricos viños D.O. Valdeorras para que descubras novos aromas e sensacións…

Experiencias gastronómicas na Cova da Xabreira

Unha experiencia gastronómica na Cova da Xabreira é volver aos sabores de toda a vida, a produtos de primeira calidade a os que non fai falta engadirlles nada máis.  Todo esto acompañado da experiencia de visitar e coñecer unha adega de cova tradicional por dentro.
Eleximos a brasa para cociñar, porque así logramos conservar a esencia dos pratos feitos a base de productos da zona e de tempada, sempre acompañados dos nosos viños, un bo pan, sobremesas e postres de elaboración propia.
Nas nosas experiencias gastronómicas nunca faltarán os contos, un viño e algunha que outra sorpresa…

Experiencias en As Covas, Seadur e Valdeorras

Cova da Xabreira é moito máis que unha adega onde comer e beber, queremos que visites e sintas a nosa aldea, viñas e covas. Por iso ao longo do ano poderás participar de diferentes #ExperienciasCoveiras para vir só, con amigos ou familia. Descúbreas na nosa AXENDA.
Tes moito que explorar en Seadur, pero tamén na comarca de Valdeorras e arredores. Mira todas as actividades, roteiros e lugares que che propoñemos.

A alma coveira tras Cova da Xabreira

Na alma de Simón mestúranse viño, gaita e canto. Todo llo debe aos seus pais e eles, á súa vez, ao seu antergos. Cova da Xabreira bebe deses bos caldos, desa tradición e cultura do viño que se vén xestando dende a época romana.

Cova da Xabreira é o teu novo lugar de encontros.

Unha adega con cova, baixo o monte da Xabreira, recuperada para que máis persoas vivan a experiencia de As Covas de Seadur. Algo tan sinxelo como antigo: reunirse ao redor dunha mesa cun bo viño e algo para comer, e gozar da vida, sen máis.

Tes que vir sentilo…

Estámosche a mostrar todo o que é unha experiencia coveira, pero a única forma de entendelo ó 100% é vir a vivila. Xa sabes o que vas atopar: bos viños da D.O. Valdeorras, comida sinxela pero moi saborosa e diferentes actividades para desfrutar áo máximo en As Covas e Seadur.

Vés a coveirear á Cova da Xabreira?

0
    0
    Carrito
    O teu carrito está vacio
    Máis información sobre os nosos viños
    Si está interesado nos nosos viños, por favor reencha o seguinte formulario.
    Política de privacidade
    Enviar mensaxe